AD

Actualidad

Santiago destina preto de 100.000 euros para as actividades das asociacións veciñais

today17 abril, 2024

Background
share close
AD

 

 

 

17/04/2024 A partir de mañá, 18 de abril, todas as entidades interesadas poderán presentar a súa solicitude á «Convocatoria de subvencións a asociacións veciñais sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas e actividades de interese xeral durante o exercicio 2024», tras a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia (BOP) de hoxe. Estas axudas contan cun orzamento de 98.000 euros.

Poden acollerse a esta convocatoria todas as asociacións veciñais do municipio que figuren inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións do Concello de Santiago con anterioridade á publicación no BOP desta convocatoria, teñan os seus datos actualizados e estean ao corrente das súas obrigas tributarias.

Segundo as bases, serán subvencionables os gastos correntes necesarios para o desenvolvemento de actividades de interese xeral para a cidadanía, que sexan realizadas e efectivamente pagadas entre o 1 de xaneiro e o 9 de outubro de 2024. Gastos como a prestación de servizos de información, asesoramento, comunicación e divulgacion; de formación e ocio; de participación da cidadanía e apoio a outros colectivos do barrio (debates, asembleas, encontros); así como actividades sociais e outros gastos de funcionamento da entidade (administración, asesoramento, prensa, etc.).

Valorarase con ata tres puntos, o interese xeral da actividade ou programa para a veciñanza, a participación, a continuidade do mesmo, ou que se trate de actuacións dirixidas a colectivos desfavorecidos ou con especiais dificultades de inserción social. Valorarase con ata 2 puntos, o número de persoas asociadas á entidade, e con ata un punto, a orixinalidade e carácter innovador do programa ou actividade, a incidencia na promoción da igualdade, a realización en coalboración co Concello e a calidade e deseño da publicidade (folletos, carteis, dípticos…)

A contía máxima que se concederá a cada solicitude virá limitada pola puntuación que acade a entidade. O importe subvecionable será, como máximo, o 80% do orzamento de gastos que se detalle no formulario da solicitude, cun máximo subvencionable de 3.000 euros, ou 5.100 euros naqueles casos de entidades veciñais propietarias de equipamentos socioculturais.

A presentación de solicitudes, farase a través da sede electrónica do Concello de Santiago (trámite: Solicitude de subvención) e o prazo será de 10 días hábiles a contar desde mañá. As asociacións interesadas poderán presentar a solicitude debidamente cuberta que se recolle no modelo das bases na sede electrónica do Concello de Santiago ou ben a través dos rexistros electrónicos contemplados na Lei 39/2015 de 1 de outubro. Poderanse entregar xustificantes de pago con datas comprendidas entre o 1 de xaneiro e o 9 de outubro de 2024.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%