AD

Actualidad

Santiago prepárase para acoller unha nova edición da Feira do Libro, que arranca este sábado na Alameda

today1 mayo, 2025

Fondo
share close
AD

Este sábado 3 de maio arranca unha nova edición da Feira do Libro de Santiago de Compostela, organizada pola Xunta de Galicia e a Federación de Librarías de Galicia. A cita prolongarase ata o domingo 11 de maio no Paseo Central da Alameda, cun horario de mañá e tarde: de 11:30 a 14:00 horas e de 17:30 a 21:00.

O acto inaugural celebrarase ás 12:30 da mañá do sábado, e contará co pregón da libreira Lola Puerta, que será a encargada de dar o pistoletazo de saída a nove días cheos de cultura, libros e actividades para todos os públicos.

Durante esta edición, o público poderá gozar de presentacións de libros, sinaturas con autoras e autores, encontros literarios, contacontos, roteiros culturais e obradoiros. Entre os nomes destacados do primeiro día están Isabel Blanco, María Lapido, Mario Obrero, Alba Cid ou Maica Gorgal, entre moitos outros. A programación complétase con espectáculos teatrais, propostas infantís e espazos de reflexión arredor da literatura fantástica, a música ou a memoria histórica.

A Feira do Libro de Santiago converterase un ano máis nun punto de encontro entre lectoras, lectores, profesionais do libro e persoas amantes da cultura. Ademais, todos os libros contarán cun 10% de desconto durante a duración do evento.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *