AD

Actualidad

Santiago suma dúas novas incorporacións ao Xardín das pedras que falan

today9 junio, 2024

Fondo
share close
AD

09/06/2024 ‘O xardín das pedras que falan’ incorpora desde esta tarde dúas novas voces poéticas, a da palestina Adania Shibli e a da bretoa Nolwenn Korbell. As pedras cos seus textos, en árabe e en bretón, foron descubertas nun acto público presidido pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, e no que tamén participaron, o poeta e director da Cátedra Valente de Poesía e Estética da USC, Claudio Rodríguez Fer, e a ensaísta e catedrática de Francés, María Lopo.

Durante a súa intervención, Goretti Sanmatín puxo en valor «o carácter universal da literatura que transcende as barreiras lingüísticas para irmandarse a través da singularidade de cada idioma e de cada identidade cultural, que transcende os prexuízos de xénero e que nos achega universos únicos e persoais, traducindo a linguaxe artística a relación que temos, como seres humanas, co mundo e cos seus conflitos».

Adania Shibli, que está en Compostela participando tamén na SELIC coa presentación do seu último libro, fixo a súa intervención en árabe e foi traducida ao galego por Sara Ashour, nacida en Gaza e criada e graduada en Galiza, mentres que Nolwenn Korbell interveu en bretón e foi traducida por María Lopo. A alcaldesa deulles a benvida a ambas as dúas ao proxecto, que cualificou como «abeiradoiro literario e de concordia» e como «refuxio que antes foi xardín botánico e fonte de coñecemento que daba apoio científico ás facultades de Medicina e Farmacia, e que agora foi deseñado para abolir as fronteiras a través da lírica e da pedra, que é tanto como dicir, onde deixamos pegada da inmortalidade da literatura».

Coa incorporación dos versos de Adania Shibli e Nolwenn Korbel son xa dezasete os autores e autoras que inscriben os seus versos no ‘Xardín das pedras que falan»: Rosalía de Castro, Semaus Heaney, Luz Pozo Garza, Antonio Gamoeda, Marta Pessarrodona, Kerstin Hensel, Zéno Bianu, Bernando Atxaga, Ramón María del Valle-Inclán, Salvador García- Bodaño, Adonis, José Ángel Valente, Olga Novo, Laura Pugno e Moon Chung-hee. ‘O xardín das pedras que falan’ é un proxecto do Concello de Santiago e da USC, ideada polo escritor Suso de Toro e dirixida polo poeta Claudio Rodríguez Fer que consiste nunha espiral de pedras gravadas con versos inéditos e fragmentos literarios de autores e autoras de procedencias e linguas diversas.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%