AD

Actualidad

Santiago volve depender de Brión para afrontar un incendio no centro da cidade

today5 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD

 

Un novo incendio en Santiago puxo de manifesto a situación límite na que se atopa o servizo municipal de bombeiros da capital galega. O lume, rexistrado na rúa Carreira do Conde número 2, obrigou a solicitar o apoio do GES de Brión para poder facer fronte á intervención con garantías mínimas de seguridade.

Segundo informaron os propios bombeiros de Santiago nas súas redes sociais, esta nova actuación evidencia “a dependencia doutras dotacións para poder responder a emerxencias dentro do propio termo municipal”. Engaden ademais que “non se pode seguir mirando cara outro lado” ante a falta de recursos humanos e materiais que denuncian desde hai meses.

O incendio foi finalmente controlado, sen que se rexistrasen vítimas, aínda que o suceso volveu poñer en xaque a seguridade dos veciños de Santiago.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *