Listeners:
Principales oyentes:
play_arrow
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today30 marzo, 2026
O vindeiro domingo 5 de abril ás 18:30 horas, o Monbus Obradoiro disputará un partido determinante da tempada fronte ao Super Agropal Palencia no Multiusos Fontes do Sar. A entidade compostelá fai un chamamento á súa afección para converter o pavillón nun auténtico fortín nun encontro que pode marcar o rumbo do curso.
Co obxectivo de lograr o mellor ambiente posible, o club lanzou unha campaña especial de entradas con prezos reducidos. Os abonados poderán acceder co seu carné habitual, pero ademais contan coa posibilidade de adquirir localidades adicionais con prioridade para amigos e familiares. Esta venda preferente xa está activa, mentres que o público xeral poderá comprar entradas a partir do xoves 2 de abril ás 12:00 horas.
Os prezos para abonados parten desde os 2 euros en categoría infantil na zona de fondo, ata os 23 euros na bancada retráctil para adultos. Pola súa banda, o público xeral contará con tarifas que oscilan entre os 3 e os 30 euros, tamén con descontos por idade. Ademais, haberá prezos específicos para persoas con mobilidade reducida.
Desde o club subliñan a importancia do apoio da bancada nun momento clave da tempada, destacando que “cada afeccionado suma”. O ambiente do Sar pode ser decisivo para impulsar ao equipo cara a unha vitoria de gran valor deportivo.
Todo apunta a unha tarde de baloncesto de alto nivel en Santiago, onde afección e equipo buscarán xuntos dar un paso adiante na competición.
Escrito por Líder Redacción



2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)