Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
Secho renova co Compos e será tamén o novo responsable da configuración do primeiro equipo
Santiago de Compostela, 27 de maio de 2025 – Jose Manuel Martínez ‘Secho’ seguirá á fronte da SD Compostela na Tempada 2025/26. O técnico de Porto do Son renova por unha tempada, con opción a outra máis, co reto de devolver ao Compos á Segunda RFEF.
Ademais de dirixir ao equipo dende o banco, Secho será tamén o responsable da configuración do plantel do primeiro equipo, encabezando a secretaría técnica do Compos.
Cabe lembrar que Secho é un técnico con experiencia no fútbol galego, tanto nas categorías de formación como no fútbol sénior. O seu último logro, antes de asinar polo Compos, foi conseguir o ascenso a Segunda RFEF co Bergantiños, despois dunha brillante tempada na que conseguiron o campionato e, por conseguinte, o ascenso directo. Un fito que tentará repetir en Compostela.
Ademais, no seu periplo polos bancos, tamén foi segundo adestrador do Deportivo, acompañando a etapa de Rubén de la Barrera no cadro herculino; técnico asistente do Lugo, na Segunda División; e adestrador do Noia. Nas categorías inferiores, destaca o seu cargo como seleccionador galego sub-18 e a súa experiencia de moitos anos na base do Deportivo.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)