Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today5 junio, 2024
No evento homenaxeáronse 52 axentes que recibiron os distintivos de permanencia ao cumprir 25 anos de servizo e tres policías locais condecorados coas medallas ao mérito por actos de especial relevancia no exercicio do seu labor Os axentes da Policía Local de Ames homenaxeados foron: Francisco Javier Berdullas Nieto, Cristina Ferreira Vidal, Juan José Lemos González, José Ángel Miramontes Cajade, Pablo Moure Barcia e Juan José Rodríguez Freire Os axentes amesáns estiveron acompañados do alcalde de Ames, Blas García, e do concelleiro de Administración Xeral, Persoal, Seguridade, Tráfico e Transporte, Víctor Fernández Ames, 5 de xuño de 2024.- Hoxe mércores 5 de xuño, a Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) celebrou na súa sede, na Estrada, un acto de recoñecemento ao labor da Policía Local de Galicia, no que se entregaron medallas ao mérito da Policía Local e distintivos aos e ás axentes que cumpren 25 anos de servizo. Neste senso, foron condecorados seis axentes da Policía Local de Ames: Francisco Javier Berdullas Nieto, Cristina Ferreira Vidal, Juan José Lemos González, José Ángel Miramontes Cajade, Pablo Moure Barcia e Juan José Rodríguez Freire. Os/as axentes do corpo de seguridade amesán recibiron o seu distintivo xunto a outros 46 policías locais galegos. Ademais, homenaxeouse a tres policías locais condecorados coas medallas ao mérito por actos de especial relevancia no exercicio do seu labor. As instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) na Estrada (Pontevedra) acolleron hoxe unha homenaxe ao persoal dos corpos da Policía Local de Galicia. Neste acto de recoñecemento, 3 axentes recibiron medallas ao mérito, en honra ás súas actuacións en acto de servizo, mentres que outros 52 policías locais foron condecorados cun distintivo de permanencia, ao cumpriren 25 anos de servizo no corpo. Este foi o caso de seis membros da Policía Local de Ames, que recibiron este galardón ao facer 25 anos de servizo efectivo, independentemente da súa categoría, e ao non contar con antecedentes por sancións disciplinarias ou condenas penais pendentes de cancelación nos seus expedientes. Deste xeito, os/as axentes condecorados da Policía Local de Ames foron: Francisco Javier Berdullas Nieto, Cristina Ferreira Vidal, Juan José Lemos González, José Ángel Miramontes Cajade, Pablo Moure Barcia e Juan José Rodríguez Freire.
Os axentes amesáns estiveron acompañados do alcalde de Ames, Blas García, e do concelleiro de Administración Xeral, Persoal, Seguridade, Tráfico e Transporte, Víctor Fernández. No evento, ademais dos axentes locais homenaxeados, tomaron parte o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deporte, Diego Calvo, os directores xerais de Emerxencia e Interior, Santiago Villanueva, e de Administración Local, Natalia Prieto, así como o comisario da Policía Autonómica, Jorge Rubal. O alcalde, Blas García, mostrou o seu agradecemento aos axentes pola súa labor e exemplaridade. “Grazas ao seu traballo toda a veciñanza amesá séntese máis segura”. O concelleiro de Administración Xeral, Persoal, Seguridade, Tráfico e Transporte, Víctor Fernández, quixo “felicitar ao conxunto do persoal de axentes locais e aos seis axentes da nosa Policía Local condecorados, no que é un recoñecemento á vocación de servizo policial, demostrada ao longo destes 25 anos”, e destacou “a importante tarefa dos axentes, a súa implicación, traballo e dedicación”.
Escrito por Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)