AD

Actualidad

“Sen residentes non hai comercio de proximidade e sen comercio de proximidade, non hai residentes”

today18 junio, 2024

Fondo
share close
AD
  • O concelleiro de Urbanismo traballa xa no estudo para a modificación do planeamento do que informou este martes ao PSOE e ao PP

18/06/2024. O concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, explicou hoxe de novo a medida acordada pola xunta de goberno local este lunes, una medida que supón a suspensión cautelar de licenzas e comunicación previas dos comercios que “non atenden as necesidades directas da poboación”. “É unha postestade que temos cando queremos estudar unha modificación do planeamento, neste caso da cidade histórica, e que ten por obxectivo protexer o comercio de proximidade e o comercio que atende as necesidades vitais da xente residente da cidade histórica”, explicou aos medios este martes.

Lestegás, que informou este martes e detallou os obxectivos da medida ao PSOE e ao PP na Comisión Asesora de Patrimonio Histórica, puxo algún exemplos do que significa esta medida, como que non se poderán dotar de novos usos de hostelería onde non se viñan desenvolvendo esta actividade con anterioridade á suspensión cautelar.

Deste xeito, o concelleiro de Urbanismo explicou que non se autorizarán novas consignas de equipaxe –lockers–, tampouco de tendas que vendan exclusivamente recordos destinados a turistas –os coñecidos como ‘souvenirs’, ou apertura de novos establecementos de ocio e restauración. “Durante un prazo máximo dun ano ou, en todo caso, ata que se aprobe inicialmente a modificación na que xa estamos a traballar”, detallou.

Lestegás indicou que “o que si poderán seguir abrindo son comercios de proximidade, comercios que proporcionan bens esenciais para a veciñanza, tendas de alimentación, unha zapatería, una panadería, tendas de ropa, unha carnicería…”. Tambén poderán cambiar de categoría locais de restauración, por exemplo de bar a restaurante, pero non de bar a discoteca, precisou.

“O que buscamos é evitar que durante este ano de estudo de modificación se siga profundizando no proceso de transformación que está a sufrir o tecido comercial no casco histórico”, enfatizou, antes de incidir que “o uso residencial e o comercial son complementarios”. “Sen residentes non hai comercio de proximidade e sen comercio de proximidade tampouco hai residentes”, proclamou.

Xa que logo, o goberno local que dirixe Goretti Sanmartín prevé que esta medida xunto coa modificación do planeamento no seu momento “animará” a que máis persoas queiran vivir na cidade histórica, porque unha das razón polas que non quere vivir a xente neste espazo, dixo Lestegás, é pola falta de oferta comercial “é escasa”.

O concelleiro de Urbanismo respondeu tamén que o goberno local quere “garantir a diversidade de usos e usuarios, algo que é fundamental para que unha cidade, un barrio funcione ben”.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%