AD

Actualidad

Silleda convoca tres prazas de socorrista

today6 junio, 2024

Fondo
share close
AD
  • As persoas interesadas poderán presentar as súas solicitudes dende o venres 7 ata o martes 11 de xuño

Silleda. 6-6-2024.- O Concello de Silleda saca a concurso tres prazas de socorrista para cubrir a campaña de verán nas piscinas municipais de Silleda e Bandeira. As solicitudes poderán facerse dende mañá, venres 7 de xuño, ata o martes 11 de xuño presentando a documentación no Rexistro Xeral ou a través da sede electrónica.

Silleda abre deste xeito unha bolsa de emprego de socorristas, que se rexerá polo sistema de concurso de persoal funcionario interino, para poder levar a cabo a campaña ‘Salvamento e socorrismo nas piscinas municipais de Silleda no verán 2024”.

As persoas interesadas en participar no proceso deberán ter polo menos 16 anos e estar en posesión do título de socorrista acuático ou equivalente, acreditado mediante documentación oficial e a inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

Nas solicitudes deberá constar o formulario debidamente cuberto, copia do DNI, do título de socorrista e acreditación do Rexistro Profesional de Socorristas, da documentación acreditativa dos méritos e do carné de conducir B1, así como o certificado negativo do Rexistro Central de Delincuentes Sexuais, a declaración responsable correspondente ao Anexo II e a acreditación do pagamento das taxas.

As taxas ascenden a 15 euros e deberán aboarse na conta do Concello de Silleda ES27 2080 5443 3731 1010 0171

Entre os méritos que se valorarán atópase a experiencia profesional na Administración, a experiencia no sector privado e a formación e cursos realizados.

As bases da convocatoria poden consultarse na páxina web do Concello de Silleda (www.silleda.es).

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%