AD

Actualidad

Guinarte e Abal auséntanse do Pleno municipal ante a «vulneración dos seus dereitos fundamentais»

today24 abril, 2025

Fondo
share close
AD

Guinarte explicou que “non podemos ser partícipes dunha sesión do Pleno municipal na que se impide que a representación lexítima do Partido Socialista poida asumir a efectiva representación que lle corresponde ante unha decisión que non se enmarca para nada nunha cuestión xurídica, senón que responde a unha cuestión política.”

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2025. Os concelleiros/as socialistas Gumersindo Guinarte e Marta Abal ausentáronse hoxe do pleno ante a decisión adoptada pola alcaldesa da cidade de non incorporar na orde do día do pleno o punto de toma en consideración do paso a concelleiros/as non adscritos das persoas que foron expulsadas do Partido Socialista hai xa varios meses.

Segundo explicou o voceiro socialista, Gumersindo Guinarte, “coa ausencia desta toma en consideración por parte do pleno das expulsións que se produciron impídese pola vía dos feitos que os únicos representantes lexítimos do Partido Socialista a día de hoxe na corporación poidan tomar posesión dos seus respectivos cargos e actúen como representantes legais perante a corporación municipal de Santiago.”

Guinarte explicou que “pola contra, permítese que persoas que foron expulsadas do Partido Socialista sigan falando no seu nome perante o concello de Santiago a todos os efectos, que sigan presentando iniciativas e intervindo como se seguisen sendo a voz socialista no Pazo de Raxoi.”

O voceiro socialista explicou que “non podemos ser partícipes dunha sesión do Pleno municipal na que se impide que a representación lexítima do Partido Socialista poida asumir a efectiva representación que lle corresponde ante unha decisión que non se enmarca para nada nunha cuestión xurídica, senón que responde a unha cuestión política.”

O socialista concluíu afirmando que “as e os socialistas fomos pacientes e respectuosos, en todo momento, pero chegados a este punto non podemos consentir que se vulneren os dereitos fundamentais do Partido Socialista. Por este motivo estase estudando xa polos servizos xurídicos do partido todas a vías legais e xudiciais na defensa dos dereitos do Partido, co fin de que non se sigan vulnerando os dereitos fundamentais das e dos socialistas nesta cidade.”

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *