AD

Actualidad

Sindo Guinarte preguntará ao bipartito pola execución do Plan de Sustentabilidade Turística

today19 marzo, 2024

Background
share close
AD

 

 

Imaxe: arquivo

No marco do plan encádrase a implantación dun sistema de sinalización intelixente do patrimonio cultural e a posta en servizo de visitas turísticas a puntos da cidade fóra do centro

O edil socialista denuncia que “en case 8 meses de goberno apenas coñecemos avances sobre as actuacións que deixamos practicamente licitadas”

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2024.- No pleno de este mércores o grupo socialista preguntará polo estado de execución e avances, “se os hai”, no Plan de Sustentabilidade Turística. Un plan que conta cunha partida orzamentaria de tres millóns de euros para a promoción dun modelo de turismo sostible e de calidade e no que, denuncian os socialistas, “case 8 meses despois da chegada do novo goberno, apenas coñecemos avances sobre as actuacións que deixamos practicamente licitadas”.

Sindo Guinarte insiste na necesidade de impulsar este plan que deberá executarse antes do 11 de decembro de 2026. Neste sentido, recorda que o anterior goberno socialista avanzara en tres liñas de traballo: mellorar a iluminación na contorna da Catedral cun concurso internacional de iluminación ornamental e artística; a creación dun sistema de sinalización intelixente do patrimonio cultural da cidade, así como a “comercialización” de novos produtos turísticos. Este último punto, explica Guinarte, é fundamental para deslocalizar o turismo do centro da cidade, “poñendo o foco en elementos e recursos do patrimonio culturais e naturais da cidade menos coñecidos para o gran público”. En total, estas tres actuacións suporían “un importante fito no desenvolvemento do proxecto en global” con unha inversión que roldaría o millón de euros.

“O goberno de Sanmartín vai empregar o Plan para campañas de sensibilización pouco efectivas?”

Sindo Guinarte reclámalle ademais ao goberno local “ambición” no deseño dos proxectos que teñan acubillo dentro deste plan. Así, reclama que se lle dea continuidade a outras liñas nas que se traballaron no anterior mandato “como a iluminación das prazas da contorna da Catedral ou a posta en marcha dun centro da cultura gastronómica en Compostela”.

“Queremos saber que vai facer a señora Sanmartín co plan, se vai a empregar eses 3 millóns de euros en campañas de sensibilización pouco efectivas ou vai apostar por grandes proxectos” insiste Guinarte.

Written by: Líder Redacción

Post comments (0)

Leave a reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


0%