Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today22 marzo, 2024
22/03/2024 Na semana do 11 ao 17 de marzo, a Policía local de Santiago, dentro da campaña de controis da Dirección Xeral de Tráfico, vixiou nas estradas e vías compostelás o uso do cinto por parte de condutores e acompañantes, así como o correcto emprego dos sistemas de retención infantil.
Dos 2271 vehículos controlados (2012 turismos, 69 taxis, 44 autobuses e 146 vehículos de mercadorías), os axentes tan só realizaron 16 denuncias, todas elas por non facer uso do cinto: 12 foron a condutores/as e 4, a persoas que viaxaban como pasaxeiras nos vehículos. No que respecta ao uso dos SRI, non detectaron ningunha infracción.
Elemento básico de seguridade viaria
O uso do cinto de seguridade é un elemento básico e fundamental da seguridade viaria e reduce á metade o risco de morte en caso de accidente. O airbag non é eficaz se non se complementa coa utilización do cinto de seguridade. A súa utilización tamén é importante nos asentos traseiros do vehículo, xa que protexe tanto de saír despedido do habitáculo como de impactar contra o parabrisas. A 80 quilómetros por hora, un choque frontal sen levar posto o cinto de seguridade adoita levar aparellada a morte ou lesións graves. No caso dos envorcos, o cinto reduce nun 77% o risco de morte.
En canto aos sistemas de retención infantil, son obrigatorios para nenos e nenas cunha altura inferior a 1,35 metros, e recomendables ata os 1,50. As cadeiras deben estar instaladas de acordo coa altura e peso. En todos os casos, a banda diagonal do cinto debe pasar pola clavícula sobre o ombro e ben pegada ao peito, mentres que a banda ventral ten que quedar o máis baixa posible sobre a cadeira.
Escrito por Líder Redacción
cinto compostela infraccioons Policia local radio lider santiago santiago
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Comentarios de las entradas (0)