AD

Actualidad

Sorteado o cadro de emparellamentos da emblemática Copa do Sar

today11 noviembre, 2024

Fondo
share close
AD
  • A sede da RFGF en Santiago de Compostela albergou este luns o sorteo da LVII edición da Copa do Sar masculina e da III Copa do Sar na categoría feminina

A emblemática Copa do Sar busca novo campión e campioa. A sede da RFGF en Santiago de Compostela albergou este luns 11 de novembro o sorteo da LVII edición da competición na categoría masculina e da III edición na cita feminina.

51 equipos buscan o título na Copa do Sar masculina

Un total de 51 equipos loitarán esta tempada por levar á vitrina a Copa do Sar. O vixente campión é o Sigüeiro FC.

A competición arrinca oficialmente o 6 de decembro e tras a realización do sorteo o cadro de emparellamentos quedou da seguinte maneira:

14 equipos buscan o título na Copa do Sar feminina

Un total de 14 equipos loitarán esta tempada por levar á vitrina a Copa do Sar. O vixente campión é a EFM Concello de Boiro.

A competición arrinca oficialmente o 4 de xaneiro e tras a realización do sorteo o cadro de emparellamentos quedou da seguinte maneira:

Homenaxe a Marcelino Tubío

A RFGF aproveitou o sorteo da Copa do Sar para render unha emotiva homenaxe a Marcelino Tubío, quen nos deixou recentemente. Marcelino foi un dos fundadores do CCD Taragoña.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *


0%