Listeners:
Top listeners:
Radio Líder Santiago – 97.7Fm Santiago de Compostela
today21 junio, 2024
Dende Sumar Terras de Compostela apoian a ilegalización daqueles pisos turísticos sen licenza municipal na cidade de Santiago de Compostela por parte do goberno da capital de Galicia.
Do mesmo xeito, apoian tamén a paralización de licenzas para tendas de souvenirs no Casco Histórico como un mecanismo máis para fomentar un comercio de proximidade e recuperar poboación que forme parte do tecido social da cidade.
Aseguran nunha nota de prensa que non se pode permitir que aquelas persoas que vulneran a normativa local se estean beneficiando economicamente en detrimento daquelas outras que si acatan e respectan a lexislación. É necesario afrontar con valentía e determinación a problemática social xerada pola emerxencia en vivenda en Compostela. Porque a vivenda é un dereito, non un privilexio nin un negocio dunhas poucas persoas en prexuízo do conxunto da cidadanía.
Engaden que o «incoherente cambio» de postura do secretario xeral do PSdeG en Compostela e a súa imposición ós edís socialistas na Corporación pretende “facerlle o xogo” ó Partido Popular, atende a loitas de poder internas e vai en contra dos intereses da cidadanía compostelá.
Mostran a súa preocupación pola falta de control en canto ás vivendas turísticas non é un problema novo en Compostela. Durante o mandato de Compostela Aberta, entre o 2015 e o 2019, púxose no centro do debate político a crecente preocupación pola masificación turística e o malestar veciñal aparellado. Porén, sabedoras do crecente impacto deste problema, non pode ser obviado polas administracións públicas; tal e como se amosa en numerosos concellos de todo signo político e ó longo de toda a xeografía galega, e tamén estatal, nos que se están a levar a cabo medidas neste ámbito.
E por iso que critican o posicionamento de «total inacción» por parte do Partido Popular ante o desborde turístico da capital galega, a perda de habitantes e o malestar social crecente.
Written by: Líder Redacción
2024 © Propiedad de Dezasete Media SL - 97.7 Fm
Post comments (0)