AD

Actualidad

Suspendida a actividade deportiva federada ao aire libre pola alerta laranxa por choiva

today4 noviembre, 2025

Fondo
share close
AD

A Secretaría Xeral para o Deporte vén de anunciar a suspensión de toda a actividade deportiva federada e xogada ao aire libre nos concellos do suroeste da provincia da Coruña e no litoral e Miño de Pontevedra debido á activación da alerta laranxa por choiva.

A medida estará vixente desde as 00:00 ata as 16:00 horas deste mércores, 5 de novembro de 2025, ante a previsión de precipitacións moi intensas e risco de inundacións en varias zonas.

Os concellos afectados na Coruña inclúen, entre outros, Boiro, Noia, Muros, Lousame, Padrón, Porto do Son e Ribeira, mentres que en Pontevedra abrangue municipios como Baiona, Sanxenxo, Cambados, O Grove, Nigrán, A Guarda, Tomiño e Tui.

A Xunta recomenda informarse antes de realizar desprazamentos ou actividades ao aire libre, evitar as zonas próximas aos ríos e manter a precaución nas vías de circulación. Ademais, pídese non achegarse a zonas inundadas nin a cursos de auga, tanto a pé como en vehículo.

Ante calquera emerxencia, cómpre chamar ao 112. Máis información dispoñible nas webs www.axega112.gal e www.meteogalicia.es.

Escrito por Líder Redacción

Comentarios de las entradas (0)

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *