A Banda da Loba prepara unha gran festa este sábado na Capitol para presentar ‘Lovismo’
A Banda da Loba (ABDL) quenta motores para a publicación do seu quinto disco, Lovismo, que veu a luz o pasado 17 de xaneiro nas principais plataformas dixitais. Como adianto deste esperado traballo, lanzouse o segundo sinxelo, Xogo de agardar, acompañado do seguinte videoclip. https://www.youtube.com/watch?v=mOMysHY8F_E&t=161s Xogo de agardar é unha canción que evoca o sentimento que xorde cando dúas persoas se coñecen e saltan faíscas entre elas. Trátase dunha peza que captura a emoción do xogo de sedución, con letra […]