‘Nós non faltamos’. O Monbus Obradoiro lanza a súa nova campaña de abonados
O Monbus Obradoiro lanza a súa campaña de abonados para a tempada 2025-2026 baixo o lema “Nós non faltamos”, unha mensaxe que reflicte, un ano máis, o compromiso mutuo entre o club e a súa afección. A misión está clara: seguir facendo do Sar un fortín e manter viva a paixón que converte cada partido na casa en moito máis ca baloncesto. Este sentimento compartido refórzase co lema “Eu non falto”, que estará presente en cada abono como símbolo do compromiso […]