David Agra e Daniel Boo gañan o VI Torneo de Pádel Nocturno de Santa Comba
Alejandro Blanco e Noel Pais proclamáronse subcampións, mentres que Xoan Leis e Nicolás Vilariño acadaron o terceiro posto A concelleira de Deportes, Patricia Val, e a técnica de Deportes, Elisa Capelo, participaron na entrega de premios Santa Comba. 24-8-2026. David Agra e Daniel Boo proclamáronse campións do VI Torneo de Pádel Nocturno Concello de Santa Comba, celebrado o pasado sábado, 22 de agosto, na pista de pádel do complexo deportivo de Fontenla. A competición disputouse mediante un sistema de eliminación […]