Arzúa abre o seu proceso de selección de alcaldes pedáneos nas 22 parroquias
Arzúa 28 de agosto de 2024. Desde hoxe, 28 de agosto, os veciños e veciñas de Arzúa xa poden presentar a súa candidatura para ser alcaldesa ou alcalde pedáneo/a nas 22 parroquias do concello. Este proceso, que permanecerá aberto durante 10 días naturais, ten como finalidade reforzar a comunicación entre o Concello e a veciñanza, así como fomentar a participación veciñal, especialmente nas áreas rurais que se atopan máis afastadas do día a día da vila. O obxectivo desta iniciativa […]