ALCER instala unha carpa informativa no Toural para sensibilizar sobre a saúde renal
Hoxe, 12 de marzo, celébrase o Día Mundial do Ril, unha xornada dedicada a concienciar á cidadanía sobre a importancia de coidar a saúde renal e previr a enfermidade renal crónica. Con este motivo, a Asociación para a Loita Contra as Enfermidades do Ril, ALCER Coruña, organiza en Santiago de Compostela unha acción informativa e de sensibilización aberta ao público. A iniciativa desenvolverase na Praza do Toural entre as 11:00 e as 18:00 horas, onde se instalará unha carpa informativa […]