Alejandro Campo, estudante do IES Rosalía de Castro, gaña o VII Premio Stephen Hawking
O IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago de Compostela, coa colaboración da Xunta a través da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, da Universidade de Santiago e co apoio de empresas e entidades como Finsa, Ternera Gallega e Feiraco, vén de celebrar o acto entrega dos VII Premio Stephen Hawking, galardón ao que aspiraban 54 proxectos asinados por 100 estudantes procedentes de 13 institutos. Marisol Soengas (Agolada, Pontevedra, 1968), directora do Grupo de Melanoma, no Centro Nacional […]