Ames cede seis parcelas para construír máis de 200 vivendas protexidas no Milladoiro
O Concello de Ames celebrou este venres, 19 de decembro, un pleno extraordinario no que saíu adiante o Plan económico-financeiro para o período 2025-2026, así como un recoñecemento extraxudicial de crédito por importe de 61.259,60 euros. Na mesma sesión aprobouse por unanimidade a cesión de seis parcelas municipais á Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (VIPUGAL) para a construción de vivenda de protección oficial no Milladoiro . No primeiro punto da orde do día, a Corporación abordou o recoñecemento extraxudicial […]