AD

ames

403 Resultados / Página 30 de 45

Fondo
AD

Actualidad

A praza da Mahía acolle este sábado o show de tango “Azúcar, pimienta y sal”

A velada, presentada por Isabel Blanco, contará coa actuación de cantantes, bailaríns e músicos referentes do mundo do tango Terá lugar o sábado 15 de xuño, ás 20:30 horas, na praza da Mahía de Bertamiráns Ames, 11 de xuño de 2024.- Este sábado, 15 de xuño, ás 20:30 horas, terá lugar na praza da Mahía de Bertamiráns o show de tango “Azúcar, pimienta y sal”. A velada, presentada por Isabel Blanco, contará coa actuación de cantantes, bailaríns e músicos referentes […]

today11 junio, 2024

Actualidad

Concurso fotográfico LGTBIQ+ dentro da campaña “Ames a quen ames faino con orgullo”

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, organiza a primeira edición do concurso fotográfico LGTBIQ+, que se enmarca dentro da campaña “Ames a quen ames faino con orgullo”. O obxectivo é a loita contra a discriminación e promover a igualdade e a diversidades con respecto á comunidade LGTBIQ+. O prazo de entrega das fotografía vai do 10 ao 24 de xuño. Permítese unha participación por persoa, que debe ser enviada xunto co seu número de teléfono, […]

today11 junio, 2024

Actualidad

Campaña de recollida de excrementos en Ames con sancións de entre 500 e 10.000 euros

“NON é culpable” é o motivo escollido pola Concellaría de Xestión do Medio Rural amesá para unha nova campaña de sensibilización, que chega ante as numerosas queixas recibidas sobre as molestias causadas polos excrementos de cans. O abandono de excrementos na rúa e nas zonas verdes supón un risco para a saúde pública, provoca contaminación visual, olfactiva e acuática, e dificulta as tarefas de limpeza municipais. A campaña difundirase por redes sociais, colocaranse carteis en zonas de lecer e parques, […]

today3 junio, 2024

Actualidad

O divulgador e activista da lingua, Carlos Vieito, novo concelleiro do BNG en Ames

O Grupo Municipal do BNG queda composto por Natividade González, Escarlata Pampín, Alexandre Espinosa, Rosalía Seijas e Carlos Vieito. Unha formación cohesionada e preparada para ser a alternativa de goberno que Ames necesita. “Únome ás miñas compañeiras e compañeiros do BNG para abordar as problemáticas do noso concello e darlles solución. Aportar o noso traballo e dedicación e poñelos ó servizo das veciñas e veciños para facer de Ames, un concello mellor” sinalou Carlos Vieito. Carlos García Vieito vén de […]

today31 mayo, 2024

Comarca

O alcalde de Ames critica as «especulacións» durante o gromo de gastroenterite

A Consellería de Sanidade confirmou este sábado pasado que o gromo de gastroenterite que afectou a máis dun cento de persoas no concello de Ames debeuse a contaxios de norovirus, descartando así a posibilidade de contaminación alimentaria nos comedores escolares. Os resultados das análises das mostras de alimentos e a inspección do comedor do CEIP de Ventín non atoparon ningunha deficiencia nin presenza de contaminación microbiolóxica. O alcalde de Ames, Blas García, participou este luns nunha entrevista en Radio Líder […]

today27 mayo, 2024

Actualidad

O Consello Consultivo avala a fin do contrato do centro multifuncional do Milladoiro

O Concello de Ames procedeu á incautación de avais bancarios por valor de 62.004,21 euros e reclamará danos e perxuízos As causas que motivan a resolución culpable son tanto o incumprimento dos prazos parciais como do prazo final do contrato O alcalde de Ames, Blas García: “Resolto o contrato, faremos un modificado do proxecto e volverá a ser licitado. Por suposto non renunciamos a nada e reclamaremos unha compensación polo perxuízo causado ao Concello de Ames e á súa veciñanza” […]

today26 mayo, 2024

Actualidad

A amesá Olivia Parga, medalla de ouro na IV xornada da Liga Galega de karate

Obtivo a medalla de ouro na categoría kumite xuvenil Recentemente participou no Campionato de España de Karate celebrado en Guadalaxara, no que logrou a medalla de bronce en kumite xuvenil en 37 kg Actualmente ocupa o cuarto posto no ranking nacional Ames, 24 de maio de 2024.- O pasado sábado, 11 de maio, celebrouse en Ribadavia a cuarta xornada da Liga Galega de Karate. Nesta cita, a deportista amesá Olivia Parga obtivo a medalla de ouro na categoría kumite xuvenil. […]

today24 mayo, 2024

Actualidad

Primeiro ciclo de monólogos en Ames con Quico Cadaval, Pepo Suevos, Paula Carballeira e Carlos Blanco

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, organiza un ciclo de monólogos da man de sete artistas galegos; algúns deles xa de sobra coñecidos como Quico Cadaval, Pepo Suevos, Paula Carballeira e Carlos Blanco, xunto a outros/as artistas emerxentes como Antía Costas, Adrián do Regenco e Cristóbal Álvarez Quedan entradas para os espectáculos do venres 24 e do sábado 25. Poden adquirirse na Billeteira electrónica do Concello. As entradas para os espectáculos do xoves e domingo están […]

today22 mayo, 2024

Actualidad

Ames abre o prazo para solicitar os carnés das piscinas municipais descubertas

O prazo de solicitude estará aberto ata o 14 de agosto As piscinas municipais abrirán do 15 de xuño ao 15 de setembro en horario de 11.00 a 21.00 horas Para este verán, ofértanse varios tipos de abono: o familiar de tempada (no que se inclúen pais e fillos menores de 18 anos, e engadirá aos fillos menores de 25 anos cando estes non dispoñan de ingresos propios) que custará 20 euros; o individual para toda a tempada, de 14 […]

today21 mayo, 2024

AD