AD

ames

512 Resultados / Página 48 de 57

Fondo
AD

Actualidad

Raquel Román e Diego Álvarez gañan a segunda proba do circuíto Transgalaica 2024

Na categoría masculina o primeiro ciclista en chegar á liña de meta foi Diego Álvarez Alonso, do Club ciclismo V Bikes Team, cun tempo de 3:01:19 (da categoría Master 30) Na categoría feminina a primeira ciclista en cruzar a liña de meta foi Raquel Román Sarmiento, do Club ciclista Bici Verde, cun tempo de 4:01:56 (da categoría Elite) Do club organizador, Os Esfola Arros, o primeiro ciclista en completar o percorrido foi Uxío Canosa que quedou terceiro na categoría Máster […]

today11 marzo, 2024

Actualidad

Ames conmemora o Día da Muller cun acto institucional no Concello

        Dende a Corporación municipal, unha Corporación feminista composta de 12 mulleres e 9 homes, comprométense a unir forzas e loitar contra a todo aquel que pretenda unha regresión nos dereitos conquistados. De seguido, repartiuse entre as persoas que asistiron a dito acto diverso material promocional do 8M. A programación completa pode consultarse premendo nesta ligazón Ames, 8 de marzo de 2024.- O Concello de Ames conmemorou este venres, 8 de marzo, o Día Internacional da Muller […]

today8 marzo, 2024

Actualidad

Tres atletas do club Milla Raio participaron en Campionatos Nacionais

      O pasado domingo, 25 de febreiro, o atleta sub18 Nadir Moreira competiu coa selección galega sub18-sub20 no  Campionato de España de marcha por federacións autonómicas Por outra banda, a pasada fin de semana, Puri Cariñena e David López participaron no  Campionato de España Máster short track, celebrado en San Sebastián Ames, 8 de marzo de 2024.- Os atletas Nadir Moreira, Puri Cariñena e David López, do club amesán Milla Raio, participaron no Campionato de España de marcha […]

today8 marzo, 2024

Actualidad

Ames sitúase como o Concello máis transparente de Galicia

      O portal de observación social de ética e transparencia pública Dyntra sitúa ao Concello de Ames como a institución municipal máis transparente de Galicia, e colócao no posto número 88 de España. O Concello conta con 103 indicadores publicados dos 162 que recolle Dyntra, alcanzando así unha porcentaxe do 63,58% no índice DAM (Dyntra Ayuntamientos y Municipios), que inclúe aos municipios de máis de 15.000 habitantes A avaliación recolle seis apartados, nos cales Ames obtén as seguintes […]

today7 marzo, 2024

Actualidad

Ames será sede dunha xornada do Festival Internacional de Danza “Abanea”

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolleu esta semana unha nova xuntanza do Consello sectorial da Cultura. A xuntanza estivo presidida polo alcalde e concelleiro de Cultura, Blas García, e pola técnica do departamento municipal de Cultura, María Vázquez. Participaron un total de 23 asociacións, representantes de todos os grupos políticos da Corporación municipal e maila directora da EMMA, Pilar Martínez       Os temas máis importantes que se abordaron foron a elección dos 11 vogais membros […]

today7 marzo, 2024

Actualidad

Charlas sobre o uso dos caixeiros dirixidas ás persoas maiores en Ames

      O Concello de Ames, a través das Concellarías de Promoción Económica e Benestar Social, organizan dúas xornadas informativas dirixidas ás persoas maiores nas que se lles explicará dunha forma sinxela e práctica como se usan os caixeiros das entidades bancarias O obxectivo é dotar ás persoas maiores da suficiente autonomía para poder realizar xestións cotiás a través de ditos caixeiros. As xornadas informativas serán o xoves, 7 de marzo, no local do Club de xubilados e pensionistas […]

today6 marzo, 2024

Actualidad

Ames acolle esta fin de semana a segunda proba do circuíto Transgalaica 2024

      Este domingo, 10 de marzo, será a oitava ocasión na que o concello celebre este evento deportivo, unha das citas máis importantes do ciclismo no noroeste español A saída realizarase dende o Pazo da Peregrina de Bertamiráns ás 9:30 horas Os/as participantes terán que dar dúas voltas a un circuíto de 32 quilómetros completando un percorrido de 64,55 quilómetros e que conta cun desnivel de 1.501 metros A concelleira de Deportes, Susana Señorís, destaca “o éxito que […]

today5 marzo, 2024

Actualidad

O Concello avanza na posta en marcha da Empresa Pública da Auga de Ames

      Este pasado luns, 4 de marzo, o Consello de Administración da EPEL de Ames aprobou a convocatoria e as bases para a selección e posterior nomeamento do/a xerente da Entidade Pública Empresarial Augas de Ames. As persoas interesadas en participar en dito proceso teñen 10 días naturais, contados a partir de mañá 6 de marzo, para presentar a correspondente solicitude Ademais, a pasada semana o Goberno municipal mantivo unha xuntanza co persoal da actual concesionaria Espina y […]

today5 marzo, 2024

Actualidad

Dous atletas do club Ames Atletismo participan en dous Campionatos de España

      A actual subcampiona galega sub18, María Estévez, participou no Campionato de España sub 18 short track nos 800 ml que tivo lugar en Sabadell Nicolás Collazo, campión galego dos 10 km marcha, representaba á selección Galega no Campionato de España por federacións de marcha atlética celebrado en Zaragoza Os dous atletas amesás remataron con nota a primeira parte da tempada e xa comezan a preparar as competicións de aire libre cos Campionatos de España como obxectivo Ames, […]

today4 marzo, 2024

AD