Galicia di “basta” ás peaxes da AP-9 e reclama o rescate da autoestrada e a súa gratuidade
A campaña “AP-9 Nosa e de balde”, impulsada pola UCGAL, denuncia subas superiores ao 25 % desde 2022, beneficios empresariais millonarios e unha concesión prorrogada ata 2048 cuestionada pola Comisión Europea. A iniciativa reclama o traspaso da autoestrada a Galicia, o rescate da concesión e a anulación das subas abusivas, abrindo un horizonte real de gratuidade. Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2026 O Consello Económico e Social de Galicia (CES) acolleu esta mañá en Santiago de Compostela a presentación pública da iniciativa “AP-9 Nosa e de […]