A AP-9, escenario de novo de dous accidentes consecutivos en Santiago
A tarde deste xoves estivo marcada por dous accidentes de tráfico na AP-9 ao seu paso por Santiago de Compostela, ambos rexistrados con apenas uns minutos de diferenza. O primeiro deles produciuse pasadas as seis e media da tarde no quilómetro 67 da autoestrada, á altura de San Lázaro. Segundo informou unha persoa particular ao 112 Galicia, o vehículo saíuse da vía, bateu contra a mediana e deu varias voltas de campá, resultando ferida a persoa que o conducía. Tras […]