Trinta cantantes de 15 países competirán no VIII Concurso de Canto Compostela Lírica
Un total de trinta solistas procedentes de 15 países participarán esta fin de semana no VIII Concurso de Canto Compostela Lírica. Este certame, que está organizado pola Asociación Amigos da Ópera de Santiago de Compostela dende a súa posta en marcha, ten como obxectivo promover, apoiar e difundir as carreiras incipientes no ámbito lírico de menores de 35 anos. Voces procedentes de España, China, Cuba, Arxentina, Venezuela, Portugal, Suíza, Corea do Sur, Eslovaquia, República Checa, Suecia, Australia Perú, Francia e […]