Demanda veciñal para humanizar varías rúas do corazón de Santiago
A Asociación de Veciños da Cidade Histórica FONSECA reclamou este xoves, durante o pleno municipal de Santiago de Compostela, a elaboración dun Plan de Mobilidade e Humanización para as rúas Rodrigo do Padrón, avenida Figueroa, San Clemente e Travesa de Fonseca. A entidade veciñal puxo o foco nunha zona incluída na Zona de Baixas Emisións, onde considera prioritario realizar un estudo detallado do tráfico ao longo do ano, tanto en tempada baixa como en períodos lectivos e turísticos, co obxectivo […]