A APG pon en marcha un programa de alfabetización mediática para o alumnado de secundaria e bacharelato
Impulsado pola Asociación de Periodistas de Galicia e coa colaboración da Consellería de Educación, “Xornalismo nas aulas” levará a 15 profesionais da comunicación a centros públicos galegos para achegar ao alumnado ferramentas que lles permitan distinguir información veraz de contidos falsos ou manipulados A Asociación de Periodistas de Galicia (APG) vén de poñer en marcha o programa Xornalismo nas aulas, que conta coa colaboración da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia, para contribuír á […]