Ames aproba o plan estratéxico de subvencións 2026-2027
A Corporación municipal aprobou por unanimidade a adhesión á rede de entidades locais gandeiro cárnicas dependentes da FEMP e mailo convenio de colaboración para presentar de xeito agrupado con Brión unha solicitude de subvención para realizar un proxecto común para o desenvolvemento de proxectos de prevención de condutas aditivas. Tamén se aprobou por maioría absoluta o plan estratéxico de subvencións 2026-2027 Ademais aprobáronse dúas mocións do BNG para a recuperación e sinalización do trazado histórico alternativo do camiño de Santiago […]