Silleda recibe a Bandeira Verde de Galicia no Día Mundial da Protección da Natureza
“Este distintivo é un orgullo para Silleda e reflicte o traballo conxunto da veciñanza e do goberno local por facer do noso municipio un lugar máis sostible e respectuoso co medio ambiente”, subliña a alcaldesa Paula Fernández Silleda. 18-10-2024.- Esta mañá, coincidindo coa celebración do Día Mundial da Protección da Natureza, tivo lugar en Caión o acto de entrega da Bandeira Verde de Galicia ao Concello de Silleda. O distintivo, concedido pola Xunta de Galicia, recoñece o compromiso do municipio […]