Arranca a VI edición da Festa do Banquete de Conxo
Comezarán ás 21.00 h e participarán os grupos Can de ghaiteiro, Colexiata de Sar, Esfolladores, Muiñeiros do Sarela, Recandea e Sapamamas. Os cantos terán lugar nos bares A da Chara, Caimán, Mallos, Marlo e a cantina da comisión, nunha actividade coordinada por Muiñeiros do Sarela. O sábado, ás 11:30h será o tempo dunha actividade que é xa un clásico da Festa do Banquete, como é o paseo literario a cargo de Henrique Alvarellos. Leva por título 'As voces do Bosque', terá unha duración […]