Policía Local e bombeiros de Santiago poñen fin ao conflito e retoman as horas extra
Despois de preto de dous meses de desacordos e presións laborais, os policías locais e os bombeiros de Santiago de Compostela decidiron poñer fin ao conflito que mantiñan co Concello. A resolución chegou tras unha asemblea da Policía Local na que se acordou volver realizar horas extraordinarias de maneira voluntaria, unha decisión que permite recuperar a normalidade nos servizos municipais. Os bombeiros, que tamén suspendiran as horas extra como medida de protesta, xa tiñan avanzado que adoptarían a mesma posición […]