Braga acolle a presentación internacional da Rapa das Bestas
Braga (Portugal), 12 de xuño de 2025. A cidade portuguesa de Braga acolleu este mércores a presentación oficial da edición 2025 da Rapa das Bestas de Sabucedo, unha das festas máis singulares e recoñecidas de Galicia, declarada de Interese Turístico Internacional. O acto puxo en valor a conexión cultural entre esta tradición ancestral e o Camiño da Geira e dos Arrieiros, que parte precisamente dende Braga. A delegación galega estivo formada por representantes do Concello da Estrada, da Asociación Rapa […]