Entran en vigor os horarios de inverno no transporte urbano de Santiago
A partir do luns 8 de setembro ponse en marcha a tempada de inverno nos horarios do servizo de transporte urbano da cidade. Na web de TUSSA pode consultarse o folleto de horarios e coñecer todos os cambios. Nos vindeiros días facilitarase a modificación de horarios no folleto impreso habitual e realizarase a substitución da cartelería nas paradas da cidade. Dende TUSSA lémbrase á cidadanía que ten á súa disposición para a retirada as tarxetas con viaxes gratuitas de bono infantil […]