O Concello de Arzúa comprométese a mellorar o proxecto da rúa Calexa tras escoitar á veciñanza
10 de abril de 2025. O Concello de Arzúa anunciou o seu compromiso de mellorar o proxecto presentado para a rúa Calexa, completando a actuación cunha maior inversión tras unha reunión participativa coa veciñanza, celebrada o pasado martes 8 de abril no Multiusos Terra do Queixo. O encontro contou coa presenza do alcalde, Xoán Xesús Carril, da concelleira de Acción Urbana, Begoña Balado, e do técnico municipal de urbanismo, Luis Fole, que explicaron o proxecto e recolleron as achegas das persoas asistentes. […]