Premios, descontos e concurso nos institutos: a fórmula de Santiago para revitalizar o comercio local
Redacción, 29 de abril de 2025.- O comercio local en Santiago de Compostela vive tempos convulsos, marcados por unha transformación profunda nos hábitos de consumo, o auxe das plataformas dixitais e unha realidade demográfica que complica o relevo xeracional. Fronte a este panorama, a Asociación Comercio Punto Compostela, presidida por José Antonio Seijas, presentou recentemente a app Puntos Compostela, unha ferramenta que pretende modernizar a relación co cliente e incentivar o consumo no pequeno comercio. "Temos que volver aos escaparates. […]