O Concello impulsa un parque público de alugueiro rehabilitando vivendas en Caramoniña
O concelleiro de Urbanismo, Vivenda e Cidade Histórica, Iago Lestegás, compareceu este luns ante os medios coa portavoz do goberno, Míriam Louzao, para explicar o proceso que impulsa o goberno para crear un parque público de vivenda municipal en alugueiro a través da rehabilitación de edificios abandonados. A Xunta de Goberno Local adxudicou este luns a redacción do proxecto básico, proxecto de execución, estudo de seguridade e saúde e dirección facultativa das obras da rehabilitación do conxunto de cinco edificacións […]