O PSdeG estuda accións legais contra a “campaña de difamación” do programa Código 10 de Cuatro
O PSdeG anunciou que estudará “todas as accións posibles” fronte ao que cualifica como unha “campaña de difamación” por parte do programa Código 10, da cadea Cuatro. Nun comunicado feito público, os socialistas galegos aseguran que se trata dunha “groseira campaña de desinformación” arredor “dun asunto tan sensible como o acoso”, no que, segundo subliñan, “hai moitas persoas implicadas, coa conseguinte afectación de distintos dereitos”. O partido advirte de que “faltar á verdade, transmitir falsedades sen o necesario contraste e […]