AD

centros socioculturais

9 Resultados / Página 1 de 1

Fondo
AD

Actualidad

PP e PSOE coinciden en responsabilizar ao goberno local da maior crise dos Centros Socioculturais

O PP fala de mala xestión e esixe dimisións, mentres o PSOE denuncia falta de previsión e abandono dun servizo esencial Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2026.- A rede municipal de Centros Socioculturais de Santiago atravesa, segundo coinciden PP e PSdeG, a maior crise da súa historia recente. A oposición responsabiliza directamente ao goberno local de BNG e Compostela Aberta dunha situación que cualifican de límite, marcada pola inestabilidade do servizo, a sucesión de problemas coas empresas concesionarias […]

today8 febrero, 2026

Destacado

Centros socioculturais, humanización do Ensanche, radares, perda de turistas e fochancas, en Hai Debate

O espazo Hai Debate, emitido o pasado luns en Radio Líder Santiago, centrouse na análise dos principais asuntos abordados no último Pleno municipal de Santiago de Compostela, cun intenso debate político entre os grupos con representación no Concello. No programa participaron Marta Abal, en representación do PSdeG-PSOE; Nerea Barcia, polo Partido Popular; e Iago Lestegás, polo BNG. Compostela Aberta non puido asistir ao debate por motivos de axenda, segundo se explicou ao inicio do espazo. Un dos temas centrais foi […]

today5 febrero, 2026

Actualidad

O PP de Santiago esixe unha solución ao reiterados impagos de nóminas aos traballadores do CSC

• O concelleiro popular, José Ramón de la Fuente, critica que “os nacionalistas miren cara outro lado, mentres os traballadores dos Centros Socioculturais pasaron o Nadal sen cobrar e xa se lle deben catro nóminas”. • “Tanto a lei de contratos, -explicou- como os propios pregos posibilitan que o Concello reteña cantidades debidas ao contratista co fin de garantir o pagamento dos salarios dos traballadores”. O Partido Popular de Santiago, a través do concelleiro José Ramón de la Fuente, acusou […]

today11 enero, 2026

Actualidad

Marta Abal denuncia falta de transparencia e incumprimento na xestión dos centros socioculturais

A concelleira socialista Marta Abal cualifica de “inxustificable e incomprensible” a decisión do Goberno local de manter a xestión actual malia as graves deficiencias detectadas. Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2025. A concelleira do Grupo Municipal Socialista, Marta Abal, criticou hoxe a decisión da Xunta de Goberno local de prorrogar o contrato de xestión da rede de centros socioculturais, incluído o lote de animación sociocultural, acordada o pasado venres 31 de outubro. Abal lembrou que “trátase dun servizo […]

today6 noviembre, 2025

Actualidad

Socialistas cualifican de «involución e perda de calidade» a nova licitación dos centros socioculturais de Santiago

Marta Abal alertou de que a nova licitación dos centros socioculturais supón un retroceso na inclusión laboral, falta de concreción nas horas de animación e monitorado, e un risco de perda de calidade nas actividades TIC, a pesar do incremento do 32 % no orzamento. Santiago de Compostela, 20 de outubro de 2025. O Grupo Municipal Socialista expresou a súa preocupación pola nova licitación dos servizos das redes de Centros Socioculturais do Concello, iniciativa do Goberno local da señora Sanmartín. […]

today20 octubre, 2025

Actualidad

Choque polo servizo dos Centros Socioculturais en Santiago: críticas do PP e resposta do goberno

O Partido Popular de Santiago, a través do seu concelleiro José Ramón de la Fuente, criticou duramente a situación actual da rede de Centros Socioculturais, asegurando que esta semana “moitas das actividades habituais non se realizaron porque os monitores non se presentan a dirixilas”. O edil popular cualificou de “catastrófica” a xestión do departamento e advertiu que a suspensión de actividades xera un “profundo malestar” entre os usuarios, que en moitos casos se presentaron nas instalacións sen recibir aviso previo […]

today6 octubre, 2025

Actualidad

O PP de Santiago acusa ao goberno nacionalista de «rirse» dos traballadores dos Centros Socioculturais

Segundo o concelleiro popular, José Ramón de la Fuente, “as mentiras do goberno local e a súa lexendaria incapacidade de xestión chega, neste caso, a unha gravidade difícil de superar”. O Partido Popular de Santiago leva meses avisando da situación insostible dos Centros socioculturais, “non sabemos -asegurou o concelleiro popular, José Ramón de la Fuente-, que se esconde detrás desta indolente e neglixente xestión, pero non ten explicación que, tras dous anos dándolle voltas a unha nova licitación destes contratos, […]

today22 agosto, 2025

Actualidad

O teatro amador volve á rede de centros socioculturais, da man do ciclo «Fegateatro»

18/06/2024 O programa de teatro amador Fegateatro chegará este ano a dez centros socioculturais de Santiago, "ampliando a oferta cultural da rede, contribuíndo á creación de novos públicos e apoiando as compañías de teatro afeccionado". O concelleiro de Centros Socioculturais, Xan Duro, presentou hoxe o programa, nunha rolda de prensa na que participaron tamén a presidenta de Fegatea, Chelo Pampillón, e a súa vicepresidenta Ana María Rodríguez. A Federación Galega de Teatro Afeccionado, FEGATEA, volverá tomar os escenarios da rede de […]

today18 junio, 2024

Actualidad

Santiago dota os centros socioculturais do rural de 46 ordenadores

15/05/2024 A concelleira de Rural, Pilar Lueiro, deu conta hoxe en rolda de prensa da nova dotación de equipos de uso público para as aulas informáticas dos centros socioculturais da zona rural. En total, o Concello reforzará este servizo dirixido ás persoas usuarias dos centros con 46 ordenadores de sobremesa e monitores ao abeiro dun investimento do POS+ da Deputación da Coruña. Pilar Lueiro explicou que con este reforzo de equipamentos nas parroquias do rural búscase "reducir a fenda dixital e […]

today15 mayo, 2024

AD