Borja Verea: “Se a alcaldesa quere a concesión da auga, que vote a favor e deixe as comedias”
O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, compareceu hoxe en rolda de prensa para responder ás declaracións realizadas nos últimos días pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, a quen definiu como “enfadadísima” tras o pleno no que non saíu adiante o modelo de concesión do contrato da auga. “Leva tres días de rolda en rolda, de canutazo en canutazo, dicindo auténticas barbaridades. Está enfadadísima porque non saíu adiante unha concesión que ela mesma votou en contra. É insólito”, afirmou. Verea […]