O XXII Festival Amal reivindica a resistencia palestina a través do cine e a cultura
O Festival de Cine Euroárabe Amal, organizado pola Fundación Araguaney-Ponte de Culturas, celebra ata o 25 de outubro a súa 22ª edición en Santiago de Compostela. Baixo o lema “Existir é resistir”, o festival enfócase este ano na situación en Palestina, reivindicando a loita e a resistencia do pobo palestino a través do cine e da reflexión cultural. David Rodríguez, director da Fundación Araguaney, destacou nunha entrevista en Radio Líder Santiago a importancia de empregar a cultura como ferramenta […]