AD

comarca

107 Resultados / Página 8 de 12

Fondo
AD

Actualidad

Isabel Canabal Barco, veciña de Oroso, cumpre 100 anos

      Isabel Canabal Barco, nacida en Cachosenande, Lestedo, Boqueixón, converteuse na última centenaria do Concello de Oroso, onde reside dende 1949 co seu esposo David Mejuto Ferreiro. O alcalde, Alex Doval, en nome da Corporación municipal, enviou as súas felicitacións a Isabel e á súa familia.

today6 marzo, 2024

Actualidad

Ames acolle esta fin de semana a segunda proba do circuíto Transgalaica 2024

      Este domingo, 10 de marzo, será a oitava ocasión na que o concello celebre este evento deportivo, unha das citas máis importantes do ciclismo no noroeste español A saída realizarase dende o Pazo da Peregrina de Bertamiráns ás 9:30 horas Os/as participantes terán que dar dúas voltas a un circuíto de 32 quilómetros completando un percorrido de 64,55 quilómetros e que conta cun desnivel de 1.501 metros A concelleira de Deportes, Susana Señorís, destaca “o éxito que […]

today5 marzo, 2024

Actualidad

O Concello avanza na posta en marcha da Empresa Pública da Auga de Ames

      Este pasado luns, 4 de marzo, o Consello de Administración da EPEL de Ames aprobou a convocatoria e as bases para a selección e posterior nomeamento do/a xerente da Entidade Pública Empresarial Augas de Ames. As persoas interesadas en participar en dito proceso teñen 10 días naturais, contados a partir de mañá 6 de marzo, para presentar a correspondente solicitude Ademais, a pasada semana o Goberno municipal mantivo unha xuntanza co persoal da actual concesionaria Espina y […]

today5 marzo, 2024

Actualidad

Ames, exemplo de integración laboral de persoas con diversidade funcional

      O alcalde de Ames, Blas García, destacou que “hai que concienciarse que temos que apostar pola igualdade e a integración laboral das persoas con discapacidade, porque forma parte da esencia das políticas sociais cos que traballamos dende Ames. O máis importante de traballar cos centros especiais de emprego é que favorecemos o desenvolvemento dunha política social e inclusiva. Ao mesmo tempo potenciamos a nosa  economía local e de proximidade” No pasado mes de xullo a Xunta de […]

today4 marzo, 2024

Actualidad

Teo mellora os datos da recollida selectiva de residuos durante o último exercicio

      A recollida de impropios nos contedores pasou do 33,5% do 2019 ao 30% do 2023 e cada vez recóllense máis quilogramos no colector de envases lixeiros (contedor amarelo) A alcaldesa, Lucía Calvo de la Uz, reuniuse con técnicos de Ecoembes para coñecer de primeira man os últimos datos sobre reciclaxe no municipio Teo (A Coruña), 26 de febreiro de 2024.- A alcaldesa do Concello de Teo, Lucía Calvo de la Uz, reuniuse con técnicos de Ecoembes -entidade […]

today26 febrero, 2024

Actualidad

Programa de sensibilización LGBTI no IES de Arzúa

      A concelleira de igualdade expresou a súa satisfacción por poder colaborar co IES de Arzúa nesta tarefa porque “non podemos tolerar que se sigan producindo situacións de acoso, de discriminación e mesmo de violencia contra persoas pola súa condición sexual ou a súa identidade de xénero” Arzúa, 26 de febreiro de 2024._A Concellaría de Igualdade do Concello de Arzúa organiza un programa de sensibilización LGBTI en colaboración co IES de Arzúa, con obradoiros para todo o seu […]

today26 febrero, 2024

Actualidad

Todo listo para a fin de semana grande da Terra do Queixo

      Este xoves 22 de febreiro tivo lugar na Casa de Correos de Arzúa, na Rúa das Dores, a presentación oficial do programa completo da 49ª Festa do Queixo. Interviron: Xoán Xesús Carril, alcalde do Concello de Arzúa Deu a benvida e presentou aos voceiros, non sen antes facer unha lembranza a historia desta festa de vital importancia tanto para a vila como para Galicia. Da primeira como motor fundamental da economía da zona e patrimonio cultural do Concello […]

today23 febrero, 2024

Actualidad

Padrón rende homenaxe a Rosalía nunha xornada chea de actividade

      A partir das 10.00 horas desenvolverase o acto institucional cunha ofrenda floral ante a estatua da escritora no Espolón Bares e restaurantes ofrecerán o Caldo de Gloria e acollerán pequenas representacións a cargo dos Quinquilláns O pasarrúa e o desfile de cabezudos suspendeuse por mor do temporal O concerto de Faia pechará os actos na Casa de Rosalía Padrón. 22-02-2024.- O Concello de Padrón renderá homenaxe mañá venres, día 23, a Rosalía de Castro coincidindo co 187 […]

today22 febrero, 2024

Actualidad

Brión homenaxeará a Rosalía de Castro co tradicional Caldo de Gloria e a estrea dun Café con verso

      Este ano estrearase a iniciativa “Café con verso”: os establecementos hostaleiros de Brión entregarán un poema de Rosalía con cada café 19 de febreiro de 2024.- O Concello de Brión convida a toda a veciñanza a participar na programación especial que terá lugar esta semana en homenaxe a Rosalía de Castro, a autora galega máis senlleira e especialmente vencellada ao municipio a través de Bastavales. Un espectáculo de animación para os máis pequenos, unha ofrenda floral no […]

today20 febrero, 2024

AD
0%