O PP de Santiago pídelle ao BNG que traballe para garantir un servizo de comedor digno
Rubio subliñou que “non podemos seguir permitindo que a incompetencia dos nacionalistas continúe afectando á nosa veciñanza, polo que esiximos que se deixen de marear con estudos interminables e promesas baleiras”. Desde hai máis de dez anos, as escolas infantís municipais contan con cociña propia e un bo funcionamento, ademais, o comedor do CEIP López Ferreiro, xestionado pola propia ANPA, tamén ten cociña propia e traballa con notable eficacia, “son estes modelos claros dos que os nacionalistas poden coller exemplo”. […]