San Xoán de Calo: cinco días de troula con París de Noia, Olympus e a “Festa do Colesterol”
Borja Otero, presidente da comisión de festas de Calo, destaca o traballo durante todo o ano para organizar unhas celebracións cheas de música, gastronomía e tradición. Do 22 ao 26 de xuño, a parroquia de Calo, no concello de Teo, converterase nun punto neurálxico da festa galega coa celebración das tradicionais Festas de San Xoán. A programación deste ano inclúe novidades como a “Primeira Festa do Colesterol”, a tradicional queima da cabra vella e unha destacada lista de actuacións musicais […]