Santiago transformará a zona norte da cidade cunha inversión de 20 millóns de euros
A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, presentou este martes o Plan de acción integral (PAI) Horizonte Compostela co que o Concello aspira a captar fondos europeos Feder da Estratexia de Desenvolvemento Integrado Local (EDIL) para proxectos de transformación cruciais no norte da cidade. Santiago aspira a un máximo de 20 millóns de euros, dos cales 12 (o 60%) serían a parte da axuda europea e os 8 millóns restantes cofinanciamento municipal. O plan inclúe tres grandes proxectos co foco posto […]