AD

compostela

808 Resultados / Página 81 de 90

Fondo
AD

Actualidad

Mesa redonda sobre a prostitución dentro da campaña ’12 comercios, 12 sensibilidades’

      A tenda Naf Naf acollerá o próximo mércores unha mesa redonda sobre a prostitución, no marco da campaña "12 comercios, 12 sensibilidades", impulsada por unha ducia de comerciantes de Santiago en colaboración coa Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. Neste mes de marzo, a iniciativa fíxase o obxectivo de dar a coñecer o traballo que se desenvolve no programa Vagalume de atención integral a mulleres en situación de prostitución ou vítimas de trata. […]

today5 marzo, 2024

Actualidad

Verea critica ao BNG por crear problemas ficticios coa solicitude da zona de aluguer tensionada

  Foto: Arquivo “Se eu fose alcalde -sinalou o líder popular-, o último que querería é que a Xunta definise a miña política de vivenda na cidade, polo que o Goberno do BNG debería poñerse a traballar e establecer propostas”. Verea salientou as súas medidas: “Creariamos un bono alugueiro que lle daría garantías ao propietario ao pasar a xestión dos pisos a mans do concello e garantindo unha renda mensual; e posibilitaría o acceso á vivenda de familias, maiores, xente […]

today5 marzo, 2024

Actualidad

O Concello «non descarta» eliminar a ORA na contorna do CHUS tras a construcción do aparcadoiro

      «Agora a xente xa atopa sitio para aparcar», asegura Xan Duro, concelleiro de Mobilidade en Radio Líder Santiago O responsable da área de Mobilidade en Santiago, Xan Duro abordou en Radio Líder Santiago a posta en marcha da zona ORA en distintas rúas na contorna do CHUS. Unha decisión que responde á complicada situación do aparcamento na zona. «Nestes días a xente xa atopa sitio para aparcar e antes non pasaba», afirma. Unha decisión que «é un […]

today5 marzo, 2024

Actualidad

Compostela promoverá as actividades do 8M nos meses de marzo, abril e maio

      04/03/2024.- A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, acompañada polas coordinadoras da campaña de 7H Sociedade Cooperativa Galega, presentou esta mañá a iniciativa "Construamos o termo feminista de Compostela" que se materializará nunha serie de encontros participativos que se desenvolverán ao longo dos meses de marzo, abril e maio. O Concello de Santiago tamén fará un recoñecemento a varias mulleres que son referentes da cidade tanto pola súa traxectoria profesional como vital, no acto "Mulleres de Compostela 2024" que […]

today5 marzo, 2024

Actualidad

Bota a andar en Compostela a cuarta edición de «Somos Cultura»

      04/03/2024.- Neste mes de marzo, as redes sociais encheranse de contidos audiovisuais para animar o consumo cultural e poñer en valor a fortaleza das industrias culturais de Santiago. Será no marco da campaña "Compostela Somos Cultura", impulsada desde a Concellaría de Promoción Económica, e que chega á súa cuarta edición. O edil do departamento en funcións, Xan Duro, presentou hoxe o programa, nunha rolda de prensa na que participaron o director artístico do proxecto, Xacobe Martínez Antelo, e […]

today4 marzo, 2024

Actualidad

Borja Verea aposta pola creación do Consello Municipal da Infancia

      O líder popular subliñou que o Concello debe comprometerse coa infancia, coidar das nenas e nenos composteláns, procurar a mellora do seu benestar e calidade de vida e fomentar a súa participación e compromiso. “Trataríase dun espazo activo que teña como obxectivo avaliar, suxerir, propor ideas sobre asuntos que afectan a cuestións individuais e colectivas da poboación infantil, co fin de chegar a obxectivos comúns”, remarcou. O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, manifestou hoxe […]

today4 marzo, 2024

Actualidad

«Na Semana Santa non existe un medidor de fe, trátase de emocións»

      Este luns, en Radio Líder Santiago, tivemos a oportunidade de falar sobre a Semana Santa en Compostela, unha festividade que une devoción relixiosa e rica cultura. Isabel Gómez Cambón, presidenta da Cofradía de Los Dolores, foi a invitada especial de Álvaro Veiga no programa Vive Santiago. Esta confraría é a encargada de pregoar a Semana Santa na capital galega o sábado 9 de marzo ás 19.00 h no emblemático lugar de Bonaval. O encargado de facer os […]

today4 marzo, 2024

Actualidad

O PP reiteralle ao Goberno compostelán unha programación cultural para Francisco Asorey

      O vindeiro día 1 de abril, día das Artes Galegas, estará dedicado a este escultor galego, considerado o maior innovador da escultura española do século XX. O líder popular, Borja Verea, acompañado de María Baleato, mantivo un encontro cos representantes da Asociación Cultural Francisco Asorey, para coñecer o estado da súa obra e a evolución da organización dos actos previstos para o ano das Artes Galegas 2024. O vindeiro día 1 de abril, día das Artes Galegas, estará […]

today4 marzo, 2024

Actualidad

Comunicado da AA.VV. Fonseca sobre o tratamento fiscal da rehabilitación en Santiago

      A condición de Patrimonio Histórico Universal da Cidade Histórica de Santiago de Compostela implica a obriga para os veciños de manter en bo estado de conservación os edificios da súa propiedade. Isto supón un alto custe polas limitacións que impón o Plan Especial-1, a falta de axilidade do servizo de licencias urbanísticas, o tipo de materiais e técnicas construtivas a empregar, as limitacións horarias de acceso para os vehículos das empresas encargadas dos traballos, a falta de […]

today4 marzo, 2024

AD