Santiago abre o prazo de inscrición no Programa de conciliación de verán
A Xunta de Goberno Local aprobou o procedemento de admisión e os prezos do programa municipal de conciliación de verán 2025, que se desenvolverá nas instalacións do CEIP Ramón Cabanillas e do CEIP Monte dos Postes e que está destinado a nenos e nenas empadroados no Concello de Santiago de Compostela ou que cursen estudos en centros de educación infantil e primaria do municipio de Santiago, entre o 2º Ciclo de Educación Infantil e o 3º Ciclo de Educación Primaria […]