Oroso amplía unha das liñas de autobús con Santiago
Desde o pasado 13 de outubro, os veciños de Oroso contan cun servizo mellorado de transporte ata Santiago de Compostela, grazas á ampliación dunha das liñas de autobús que inclúe dúas novas paradas nas parroquias de Senra e Calvente. Esta modificación busca facilitar o desprazamento dos estudantes de ensinanzas non obrigatorias, permitindo o seu regreso dende Santiago coa ruta que parte de Vilarromarís ás 13:05h e que volve tras a parada en Choupana, en Santiago, ás 13:50h. O Concello […]