Raxoi asume as conexións eléctricas nos actos promovidos por comisións de festas e asociacións
17/06/2024 A concellaría de Mobilidade, Convivencia e Centros Socioculturais vén de asumir a prestación do servizo de execución das conexións eléctricas para a celebración de actividades recreativas promovidas por comisións de festas, ou asociacións veciñais e culturais. O departamento que dirixe Xan Duro procura, desta maneira, facilitar a tramitación das autorizacións para eventos como as cacharelas e sardiñadas de San Xoán. Para iso, a Xunta de Goberno aprobou hoxe unha modificación das normas de xestión destes festexos. Na modificación aprobada hoxe, […]